PUBLICACIÓN DOS TRABALLOS
Prevese a publicación electrónica dos traballos a través da publicación que realizará o Consello da Cultura Galega, con todas as garantías de propiedade intelectual e académicas.
As conferencias serán publicadas unha vez rematado o Congreso, para o que os conferentes enviarán os textos das súas conferencias ao enderezo electrónico: documentos@congresodoteatro.gal no prazo máximo dun mes a partires do remate do congreso.
Os relatorios dos argüentes serán publicados na páxina do congreso www.congresodoteatro.gal unha vez rematado o prazo de recepción. Dito prazo remata o día 15 de xaneiro de 2020. Os orixinais deberán ser enviados ao correo: documentos@congresodoteatro.gal
Unha vez recibidos, e despois do 15 de xaneiro de 2020, os textos serán publicados na páxina web do congreso: www.congresodeteatro.gal da que serán retirados ao remate do congreso, para seren adaptados ou corrixidos polos autores no prazo dun mes para a súa edición en formato dixital e con garantías académicas polo Consello da Cultura Galega.
A comisión científica proporá a publicación das comunicacións que considere oportuno.
Véxanse as normas de orixinais para a edición aquí
A Academia Galega de Teatro non descarta estudar e valorar a conveniencia de procurar unha edición física dos textos.
PUBLICACIÓNS ACTUAIS
PRIMEIRO ENCONTRO DO TEATRO PROFESIONAL
Academia Galega de Teatro. Rúa Álvaro Cebreiro, 15 – 1º 15003 A CORUÑA