ANIMATE A PARTICIPAR!
DESDE O DÍA 27 DE MARZO DE 2019 FICA ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSTAS DE COMUNICACIÓNS LIBRES.
CHAMADA DE COMUNICACIÓNS
PROPOSTAS DE COMUNICACIÓNS LIBRES
As propostas enmarcaranse de preferencia nalgunha das liñas temáticas do congreso
EXPERIENCIA, ACTUALIDADE E MODELOS EXTERNOS
O TEATRO E OS PÚBLICOS
A CREACIÓN E OS SEUS PROCESOS
Porén, tamén poderán ser consideradas as solicitudes que acheguen novas propostas temáticas relacionadas coa arte dramática galega
Aceptaranse propostas de paneis temáticos integrados por tres comunicacións libres
Duración e organización:
Cada sesión terá unha duración máxima de 1 hora e media. Cada intervención non deberá pasar dos 20 minutos, de tal modo que se reserven 30 minutos para o debate final
Prazo para envío de propostas
Primeiro prazo 25 de xullo de 2019
Segundo prazo: 25 de decembro de 2019
Linguas
Aceptaranse propostas en galego, português e español
Academia Galega de Teatro. Rúa Álvaro Cebreiro, 15 – 1º 15003 A CORUÑA