ANIMATE A PARTICIPAR!
DESDE O DÍA 27 DE MARZO DE 2019 FICA ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSTAS DE COMUNICACIÓNS LIBRES.
TAXAS
O estudantado e persoas desempregadas poden optar ás taxas reducidas.
Asistencia sen comunicación: gratuíta
Asistencia con comunicación:
Primeiro prazo ate o 25 de xullo de 2019
Matrícula xeral: 30€
Matrícula reducida: 15€
Segundo prazo ate o 25 de decembro de 2019
Matrícula xeral: 50€
Matrícula reducida: 25€
INSTRUCIÓNS PARA O PAGAMENTO *
1. Tarxeta de crédito ou débito: acceda á pasarela de pago
(esta opción evita os custos adicionais da transferencia, especialmente desde o estranxeiro)
2. Transferencia bancaria
DATOS
Titular: Academia Galega de Teatro (G70539747)
Entidade bancaria: Caixa Rural Galega
Número de conta IBAN: ES85 3070 0044 5462 0556 1829
BIC / SWIFT: BCOEESMM070
Concepto a indicar: nome da/o participante e DNI
Documentación a enviar a participantes@congresodoteatro.gal tras o pago:
Formulario de matrícula a descargar aquí
Xustificante do pagamento escaneado (só en caso de transferencia)
ACLARACIÓNS
A matrícula realízase por participante, non por intervención. Por tanto, as persoas que teñan máis dunha intervención só teñen que pagar unha única vez.
As persoas integrantes dun mesmo panel deben pagar cada unha a súa matrícula.
As persoas que teñan algún impedimento para formalizar a matrícula (transferencia ou tarxeta de crédito/débito), deben porse en contacto con nós para discutir outras opcións de pagamento.
Contacta connosco de teres dificultades co método de pagamento ou calquera dúbida ao respecto
*O tratamento dos datos que vostede facilita a través deste sitio web baséase no seu consentimento expreso e xestiónanse pola AGT (titular do sitio web) co fin exclusivo de prestar os seus servizos en relación aos procesos de rexistro e pagamentos de matrícula, para alén do envío de comunicacións informativas sobre as súas actividades propias. Os datos non se cederán a terceiros salvo obriga legal. Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, supresión, limitación, portabilidade e reclamación por escrito dirixido a: academiagalegadeteatro@gmail.com. Consulte aquí a nosa política de privacidade.
Academia Galega de Teatro. Rúa Álvaro Cebreiro, 15 – 1º 15003 A CORUÑA