ANIMATE A PARTICIPAR!
DESDE O DÍA 27 DE MARZO DE 2019 FICA ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSTAS DE COMUNICACIÓNS LIBRES.
CALENDARIO
Prazos de recepción de propostas de comunicacións libres
1º prazo
até 25 de xullo de 2019
2º prazo
até 25 de decembro de 2019
A Comisión comunicará a súa resolución antes dun mes segundo o prazo de envio. Se a resolución fose afirmativa:
Prazo de pagamento
até o 25 de febreiro de 2020
Envío de orixinais de comunicacións
até o 28 de febreiro de 2020
Os orixinais axustaranse á normativa de publicacións do Consello da Cultura Galega accesíbel aquí.
- As presentacións de comunicacións libres serán certificadas.
- A extensión da presentación da comunicación non excederá dos 15 minutos.
- Posteriormente á celebración do Congreso, a Comisión Científica proporá os títulos que considerar que deban ser publicados xunto coas conferencias e as comunicacións dos argüentes nunha edición en liña a cargo do Consello da Cultura Galega que contará con ISBN.
- A proposta de publicación da Comisión Científica do Congreso marcará un prazo para a presentación da versión final da comunicación, que deberá responder ás normas de edición recollidas nesta web.
- A extensión das versións finais das comunicacións non excederá en ningún caso os 20 folios, escritos a unha cara e será coherente coas normas de edición.
- É aconsellable descargar as normas de edición da páxina web do congreso para as ter en conta xa na elaboración das comunicacións. Esas normas pódense descargar aquí.